Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Colocáronse monolitos nas entradas dende Caldas, Catoira, Cuntis, Pontecesures e A Estrada dando a benvida aos visitantes

- Incorporan imaxes dos recursos máis emblemáticos do municipio para dar valor a Valga como destino

sinalizacionfronteiriza1

Valga, 6 de novembro 2018.

O concello de Valga conta xa cunha nova sinalización fronteiriza, que foi instalada nas últimas semanas pola empresa Señalizaciones Villar S.A. nas principais vías de acceso á localidade. Estes monolitos informativos sirven como delimitadoras do termo municipal e, ademais, como recibimento para todos os visitantes, dando valor a Valga como destino de interese turístico.

Colocáronse dous tipos de sinais en función do seu emprazamento. De 5 metros de altura por 1,1 de ancho nas vías de acceso principais, e outras máis reducidas de 4 de alto por 1,1 de ancho nas vías secundarias. En ámbolos dous casos a estrutura interior é de aceiro galvanizado e os paneis de revestimento de aluminio. O deseño foi estampado mediante técnicas de impresión dixital con tintas ecosolventes e biodegradables sobre vinilo e co emprego de material reflectante.

A renovada sinalización incorpora imaxes e ilustracións de recursos emblemáticos do municipio como a Bella Otero, a Mina Mercedes ou as fervenzas, por citar só algúns exemplos. Acompáñanse do slogan “Berce da Ría de Arousa” e a palabra “Benvidos” en seis idiomas: galego, castelán, inglés, francés, alemán e portugués.

As sinais de 5 metros de altura ubicáronse nos seguintes puntos:

   - Na estrada N-550 na entrada a Valga dende Pontecesures, á altura da Tarroeira.

   - Na estrada N-550 na entrada a Valga dende Caldas, á altura da ponte da autopista AP-9.

    - Na estrada PO-548 na entrada a Valga dende Pontecesures, no entorno da rotonda da Charca.

    - Na estrada PO-548 na entrada a Valga dende Catoira, no Alto de Cordeiro.

As sinais de 4 metros de alto emprazaranse nos seguintes lugares:

    - Na estrada PO-220 na entrada a Valga dende Cuntis, en Casaldeirigo.

    - Na estrada municipal que da entrada a Valga dende A Estrada, nos Martores.

    - Na estrada que comunica Vilar con Santa Baia (Catoira)

    - Na estrada municipal de entrada a Valga dende Pontecesures, á altura da Devesa.

Ademais, dentro da mesma actuación, instaláronse outras 55 sinais indicativas de lugares, que foi unha das melloras ofertadas pola empresa adxudicataria.

O proxecto, que foi subvencionado por Turismo de Galicia, contou cun orzamento de 47.976 euros.

sinalizacionfronteiriza2 sinalizacionfronteiriza1

Volver