Rutas Históricas
Entre os múltiple camiños que percorren Valga destacan tres rutas polo súa relevancia histórica e difusión:
Camiño Real
O antigo Camiño Real era unha vía de comunicación, principalmente de carácter comercial, paralela á ribeira pontevedresa do Ulla cara Vilagarcía. Un dos elementos que testifican o seu paso por Valga é a Ponte do Souto en Campaña.
Ruta Padre Sarmiento
Esta ruta, que se basea no libro “Viaxe a Galicia” segundo o itinerario que fixo o Padre Sarmiento no 1745, percorre Valga case que paralela ao río Ulla.
Ver enlace
Vía Militar Romana XIX
A vía XIX foi unha calzada romana que unía as cidades de Bracara Augusta (Braga), Iria Flavia, Lucus Augusti (Lugo) e Asturica Augusta (Astorga). Inaugurada no ano 11 d.C (época do emperador Augusto), con preto de 500 km. era a máis longa do noroeste peninsular.
Ver PDF
Vía Mariana
A Vía Mariana é unha ruta de culto que percorre distintos santuarios marianos. Esta ruta é coñecida como Luso Galaica xa que, ten o seu punto de partida en Monte Sameiro de Braga, o segundo santuario mariano máis visitado despois de Fátima, e o remate en Nosa Señora da Barca (Muxía). En Valga pasa preto de puntos emblemáticos como a Capela dos Martores ou o petróglifo Pedra da Serpe.
ES
EN