Aviso Legal
En cumprimento do artigo 10 da Lei 34 / 2002, do 11 de xullo, de Servizos da Sociedade da Información e Comercio Electrónico, o Titular expón os seus datos identificativos.
Titular: Concello de Valga
NIF: P-36055600J
Domicilio: Avda. Coruña, 14 - 36645 - Valga (Pontevedra)
Correo electrónico: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
Sitio web: www.valga.gal
Finalidade A finalidade do sitio web www.valga.gal é con fins informativos.
Protección de Datos
O tratamento dos datos de carácter persoal que se reciban a través desta sede electrónica axustarase aos principios e obrigacións establecidos na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal e ao seu Regulamento de desenvolvemento, aprobado por Real Decreto 1720/2007, de 21 de decembro.
A Sede Electrónica do Concello de Valga comprométese ao cumprimento da súa obrigación de segredo con respecto aos datos de carácter persoal que poidan ser solicitados a través dos servizos desta sede, e ao deber de tratalos con confidencialidade. A estes efectos, adoptaranse as medidas necesarias para evitar a súa alteración, perda, tratamento ou acceso non autorizado.
A recollida e tratamento automatizado de datos de carácter persoal ten como única finalidade a prestación dos servizos solicitados, e o seguimento de consultas realizadas polas persoas usuarias. Non se utilizarán para ningunha outra finalidade nin serán cedidos a terceiros sen o seu consentimento, salvo nos casos e coas condicións previstas na Lei Orgánica 15/1999.
Para a prestación dos servizos a través desta sede electrónica, os datos persoais necesarios están incluídos en ficheiros inscritos no rexistro da Axencia Española de Protección de Datos.
En todo momento poderanse exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación ou oposición solicitándoo á Dirección da Axencia por calquera medio que deixe constancia do seu envío e da súa recepción.
A Sede Electrónica do Concello de Valga mantén os niveis de protección dos seus datos persoais conforme ao previsto no Regulamento de desenvolvemento da Lei Orgánica 15/1999, e estableceu todos os medios técnicos ao seu alcance para evitar a perda, mal uso, alteración, acceso non autorizado e roubo dos datos que facilite á Sede Electrónica do Concello de Valga.