Accessibility Tools

A Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) forma parte da Rede Galega de Información e Documentación Xuvenil, que depende da Consellería de Política Social e Benestar Social e concretamente da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.

A OMIX promove e participa nas seguintes actividades:

  • OMIX na rede: Espazos nas redes sociais twitter, facebook...
  • Programas de participación en espazos socieducativos (escola infantil municipal, CRA, C.E.P. plurilingüe Xesús Ferro Couselo, C.E.I.P. plurilingüe de Baño-Xanza, I.E.S de Valga).
  • Actividades de educación non formal (curso de manipulador de alimentos, cursos en novas tecnoloxías, curso de carretillero, curso de prevención de riscos laborais, curso de cociña, curso de linguaxe de signos, curso de primeiros auxilios, curso de monitor de comedor e transporte escolar, curso de coidados básicos de persoas maiores).
  • Caixa de recursos: Espazo creado para que os mozos/as participen cosas súas propostas para realizar charlas, obradoiros, cursos, que sexan do seu interese.
  • Xornada Empréga-t en Valga: Organizada para contribuír na adquisición de competencias formativas e profesionais dos mozos/as e que faciliten a súa empregabilidade).
  • Formación en novas tecnoloxías e competencias dixitais en colaboración coa Rede Cemit.
  • Programa de Voluntariado Xuvenil.
  • Conmemoración de días internacionais: Día da Paz, Día do Autismo, Día da Muller, Día Internacional Contra a Violencia de Xénero...
  • Festivais de Verán e Nadal: Onde se promoven novos valores xuvenís no campo da música, baile, interpretación.
  • Encontro Interxeracional: Punto de encontro entre as distintas xeracións que conviven no noso concello, co obxectivo de que se se descubra o valor da convivencia, da experiencia vital e así conseguir que se transmitan tradicións por parte dos nosos maiores aos máis novos/as.
  • Proxecto Lembranzas: Proxecto de recuperación do patrimonio cultural inmaterial do noso concello a través das lembranzas dos nosos veciños/as e así recuperar cantigas, lendas, alcumes, …).
  • Difusión de proxectos e de programas da Dirección Xeral de Xuventude, participación e voluntariado da Xunta de Galicia e do Servizo de Cohesión Social e Xuventude da Deputación.
  • Campamentos  de verán da Xunta de Galicia e Depo.
  • Outros eventos como: Actividades deportivas, Exposición da Camelia Bella Otero, Samaín...

boton carne xove

boton informacion xuvenil

boton injuve

Volver