CIM VALGA
O CIM (Centro de Información á Muller) é un servizo gratuito ao que poden acudir ás mulleres do Concello de Valga e concellos limítrofes para solicitar información e asesoramento xurídico, psicolóxico e orientación laboral, nas cuestións que lles afecten:
- Área xurídica
Información e asesoramento xurídico de calquera cuestión de tipo legal, fundamentalmente en dereito de familia ( separacións,divorcios, pensións alimenticias, custodias...), así como, outros aspectos de dereito civil, administrativo e laboral.
- Área psicolóxica
- Atención e orientación ante problemas de índole psicolóxico tales como ansiedade,depresión, baixa autoestima...
- Apoio e intervención en caso de violencia de xénero e asesoramento en problemas de parella.
- Servizo de promoción do emprego, formación e orientación
Dirixido a todas aquelas persoas, especialmente mulleres, con dificultades tanto na formación como na busca e obtención de emprego.
Teléfonos de atención á Muller:
- Teléfono da Muller: 900 400 273
- Atención a vítimas de malos tratos: 016
- Teléfonos Municipais:
- Concello: 986 55 94 56
- C.O.D.I: 636 75 79 69 / 986 55 91 40