Accessibility Tools

Xestión de Prestacións Económicas:

 

Información sobre o BONO SOCIAL ELÉCTRICO

O Bono Social eléctrico é un desconto na factura da luz regulado polo Goberno Central e que vai dirixido a persoas en risco de exclusión, familias numerosas ou con baixos ingresos. Para beneficiarse do Bono Social é preciso ter contratada unha tarifa eléctrica PVPC (con ou sen discriminación horaria) e unha potencia igual ou inferior a 10 Kw na vivenda habitual Ademais, deben cumprirse os requisitos para ser considerado cliente vulnerable (desconto dun 25% na factura da luz) ou cliente vulnerable severo (desconto dun 40%).

O Bono Social pode solicitarse por teléfono, correo electrónico, correo ordinario ou en persoa nas oficinas das empresas comercializadoras eléctricas. Estas teñen a obriga de tramitar o bono a todos os usuarios. Será o Goberno o que posteriormente acepte ou non a concesión da axuda.

Nos seguintes enlaces poden acceder a máis información sobre o Bono Social eléctrico:

bono social

 

 Xestión doutras prestacións:

  • Programa Turismo Social do IMSERSO. (Ver enlace web)
  • Programa Termalismo Social do IMSERSO. (Ver enlace web)
  • Termalismo Deputación  (Depotermal). (Ver enlace web)
  • Teleasistencia para persoas en situación de dependencia: Poderán acceder a este servizo aquelas persoas que na solicitude de recoñecemento de dependencia sinalen como expectativa o servizo de teleasistencia. (Ver enlace web)
  • Teleasistencia domiciliaria da Deputación: Persoas maiores ou discapacitadas que vivan soas ou as persoas que estean acompañadas e teñan as súas facultades moi minguadas para valerse na vida cotiá. (Ver enlace web)
  • Recoñecemento do grao de discapacidade. (Ver enlace web)
  • Tarxetas Aparcamento.
  • Servizo Galego de Apoio á Mobilidade Persoal. (Ver enlace web)
  • Título de familia numerosa. (Ver enlace web)
  • Carné familiar. (Ver enlace web)

boton tesoreria

boton imserso

boton deputacion

Volver