Accessibility Tools

PLANS DE EMPREGO

 Plan Local de Emprego:

O Plan Local de Emprego, ten como finalidade fomentar a participación dos colectivos sociais, educativos e do tecido empresarial, no deseño, desenvolvemento e execución da política municipal orientada á creación e mellora do emprego.

Neste plan contemplaranse actuacións que se están desenvolvendo na actualidade polo servizo de Formación, Orientación e Emprego agrupados en: 

  • Orientación Laboral
  • Accións formativas.
  • Intermediación laboral.
  • Sensibilización empresarial.
  • Fomento da contratación.
  • Información e difusión sobre o emprego.

Plan Xoven de Formación-Ocupación:

Este plan, ten por obxectivo favorecer os procesos de transición escola-traballo dos mozos e mozas que abandonan o sistema escolar sen titulación. Enfocado ao emprego xuvenil, este plan contempla:

  • Formación para o emprego.
  • Ferramentas para a busca de emprego.

PROGRAMAS DE EMPREGO

Os programas de emprego e formación constitúen un dos eixos das Políticas Activas de Emprego. O seu obxectivo é a mellora da empregabilidade a través da combinación de accións de orientación, formación, intermediación e práctica laboral.

Estes programas desenvólvense en:

  • ESCOLAS OBRADOIRO:

Son centros de traballo e formación nos que os mozos e mozas desempregados reciben formación profesional ocupacional en alternancia coa práctica profesional, co fin de que, ao seu termo, estean capacitados e capacitadas para o desempeño axeitado do oficio aprendido e sexa máis fácil o seu acceso ao mundo do traballo. 

Destinatarios/as:

       - Figurar como demandantes de emprego na oficina de emprego.

       - Non ter cumpridos os 25 anos e ser maior de dezaseis.

Duración: Entre un e dous anos.

 

  • OBRADOIROS DE EMPREGO:

Os participantes adquiren formación profesional e práctica laboral mediante a realización de obras ou servizos de utilidade pública ou interese social relacionados con novos xacementos de emprego, posibilitando a súa posterior inserción laboral tanto por conta allea coma mediante a creación de proxectos empresariais ou de economía social.

Destinatarios/as: Persoas desempregadas maiores de 25 anos con dificultades de inserción laboral ou que se determinen como colectivos preferentes de actuación nos Plans de Execución da Estratexia Europea para o Emprego, que se fixa cada ano. 

Duración: Mínima de 6 meses e máxima 1 ano.

 

  • Servizo de Intermediación Laboral: 

Este servizo procura a inserción laboral dos demandantes de emprego a través das seguintes canles:

       - Prospección do mercado de traballo, en contacto directo coas empresas do territorio para a captación de ofertas de emprego.

       - Posta en contacto dos demandantes de emprego coas empresas que ofrecen postos de traballo axeitados ao seu perfil profesional.

       - Acompañamento aos desempregados e desempregadas no proceso de busca de emprego.

       - Seguimento do proceso de inserción laboral mediante o contacto directo e permanente coa empresa e o traballador/a.

Volver