Accessibility Tools

No Concello de Valga, os traballos de promoción cultural encamíñanse a xerar unha rede social que interactúe e faga pervivir as tradicións á vez que se buscan enfoques frescos e actuais.

Os principais obxectivos culturais son:

  • Crear un concello participativo mediante a cooperación entre asociacións e colectivos sociais.
  • Premiar o interese pola cultura:

       - Premios de investigación Xesús Ferro Couselo.

  • Fomentar a difusión da arte, a historia o patrimonio e a artesanía local:

       - Belén Artesanal en Movemento.

       - Museo da Historia de Valga.

       - Xacementos arqueolóxicos de Mercado dos Mouros e Igrexa Vella.

       - Exposicións Temporais.

       - Festa de Corpus.

  • Incentivar a educación e a cultura musical:

       - Escola Municipal de Música.

       - Grupos de Música Tradicional.

  • Dinamizar os eventos culturais nos edificios públicos do concello: Auditorio, Casa da Cultura...
  • Impulsar o teatro e outras minifestacións artísticas:

       - Premio de teatro “A Batalla de Casaldeirigo”.

  • Exaltar os produtos locais: Festa da Anguía e a Caña do País.
  • Destacar o auxe do coleccionismo de camelias en Valga:

       - Exposición da camelia Bella Otero.

  • Manter festas tradicionais do noso pobo: O Entroido, Festa da Matanza Tradicional, Festa do Trigo, A Candelaria, Cabalgata de Reis...
  • Recrear fitos históricos do noso concello:

       - Batalla de Casaldeirigo.

  • Promover o espírito solidario: Festival Benéfico.
  • Coidar valores interxeneracionais:

       - Festa da Xuventude.

       - Festa dos Maiores.

boton igrexa vella

boton musica

Volver