Enderezo: Plaza Manuel Vicente Cousiño, 1 -36645, Valga (Pontevedra)
Horario: L-V de 09:00h a 14:00h
Contacto: 986 559 170
GPS: 42°42'00.2"N - 8°38'58.0"W
Funcións do xulgado de paz: O xuíz de paz refire funcións en tres ámbitos: xudicial, penal e civil.
Funcións do xulgado de paz no ámbito civil:
No ámbito do Rexistro Civil, o Xulgado de Paz atende calquera cuestión rexistral que lle expoñan os veciños empadroados no respectivo municipio; entre as actuacións referidas ao Rexistro Civil que desenvolve o xulgado de paz destacan as seguintes:
– Expedición de certificados de nacemento, matrimonio ou defunción, xa sexa en forma de extracto e literais; así como expedición de fe de vida e estado.
– Tramitación de expedientes de matrimonio e celebración de vodas.
– Inscrición de matrimonio civil ou relixioso, celebrado no municipio que alberga o Rexistro Civil.
– Inscrición do nacemento dun fillo/a.
– Inscrición de defunción dunha persoa do devandito municipio.
Funcións do xulgado de paz no ámbito civil:
Nesta orde celébranse xuízos verbais sobre demandas que se refiran a reclamacións de cantidades, que non supere os 90 €, actos de conciliación na orde xurisdicional e ditada de dilixencias por auxilio xudicial.
Funcións do xulgado de paz no ámbito penal:
Esta orde acolle a instrución, axuizamento, fallo e execución dos xuízos de faltas que se promovan, tales como ameazas, coaccións, malos tratos de animais domésticos ou perturbacións da orde e danos leves de bens inmobles.