Enderezo: Calle Baixa, 1 - 36645, Valga (Pontevedra)
Horario de visitas: Luns a venres de 10:00h a 14:00h (Cita previa)
Contacto: 636 758 346
E-mail: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
GPS: 42°41'57.4"N / 8°38'54.4"W
Visitas guiadas para grupos con previa cita no 986 559 456 ou 636 758 346
O Museo da Historia de Valga preséntase nun edificio sinxelo de tres plantas cunha coidada e atractiva estética que permite unha amena aproximación á nosa contorna e ao nos pasado.
Planta Baixa
Presentación do territorio de Valga, os seus recursos naturais (río Ulla, Fervenzas de Parafita, Mina Mercedes) e principais camiños que percorren o concello como o Camiño Portugués ou o Camiño Real.
Nesta planta o visitante fai unha toma de consciencia do que é Valga como identidade xeográfica.
Planta 1ª
Nesta planta desenvólvese o discurso da Historia de Valga propiamente dita.
Dende o 1800 antes de Cristo ata a actualidade, faise un repaso dos principais elementos histórico artísticos. Así o visitante pode obter, por exemplo, información sobre as igrexas románicas ou neoclásicas para logo visitalas en directo. Pero, tamén se vai a atopar restos arqueolóxicos de xacementos que están actualmente en activo como Igrexa Vella ou Mercado dos Mouros (un antigo porto romano situado na ribeira do Ulla).
Poderase coñecer fitos ou obras de arte, como a Batalla de Casaldeirigo, que marcou a vitoria dos veciños e veciñas de Valga fronte ás tropas Napoleónicas, ou poder ver unha peza de gran beleza como é o Capitel de Setecoros datado no século VI.
Planta 2ª
Planta adicada a persoeiros ilustres. Por un lado, a zona adicada a Xesús Ferro Couselo, onde se fai una aproximación tanto á figura erudita como á persoa.
Por outro lado, a especial e misteriosa Bella Otero, con pezas únicas como un facsímil da súa partida de nacemento, xornais internacionais da época onde aparece nas portadas, figuras en cerámica ou a única gravación que se conserva da que foi a artista de máis renome da Belle Epoque, un pequeno vídeo filmado polo cámara dos irmáns Lumiere, só 10 anos despois de que se inventase o cine.
Casa Bella Otero
Na parte exterior, pero formando parte do museo, unha casa tradicional, recreada con pezas etnográficas, permítenos facer unha idea do modo de vida de finais do século XIX - principios do XX, non só en Valga senón en Galicia. Pero tamén nos deixa entender cal foi o entorno no que viveu A Bella Otero na súa infancia completando a idea da grandeza que acadou logo no seu auxe artístico.
Síguenos en facebook e tamén no seguinte enlace:
- Museos de Galicia: http://museos.xunta.gal/gl/museo-historia-valga