Accessibility Tools

Patrimonio

Plan de Dinamización Cultural e Turística

Este plan está baseado en dous proxectos de valorización estratéxica. O primeiro centra-se no patrimonio natural e o segundo no patrimonio histórico-artístico do noso concello.

Patrimonio Natural

Co fin de dar a coñecer os distintos recursos naturais que ten o concello, créase “Valga Verde”, unha rede de lugares de interese natural, paisaxístico e didáctico:

  • Fervenzas de Raxoi e Parafita
  • Lagoa Mina Mercedes
  • Monte Beiro
  • Praias fluviais de Vilarello e Valga
  • Parque Irmáns Dios Mosquera

Patrimonio Histórico-Artístico

O Museo da Historia de Valga focaliza a posta en valor e a difusión do patrimonio. Deste xeito apóstase pola conservación dos diferentes enclaves destacables e á vez expoñen ao público os achados máis relevantes da nosa historia.

Os principais elementos patrimoniais do noso concello divídense en:

  • Relixiosos: Igrexas e Capelas
  • Histórico-artísticos: Petróglifo Pedra da Serpe, Igrexa Vella, Mercado dos Mouros, Museo da Historia de Valga, Ponte do Souto e Belén Artesanal en Movemento