Accessibility Tools

  • Programa de orientación, asesoramento e información: Atención directa a persoas, familias, grupos e comunidade.
  • Programa de Apoio á unidade de convivencia: Facilita ás familias os recursos necesarios para lograr a resolución dos seus problemas de convivencia.
  • Programa de educación e apoio familiar: Conxunto de proxectos e servizos de apoio educativo e psicosocial dirixido ás familias, co obxectivo de detectar, previr e superar situacións de dificultade.
  • Programa básico de inserción social: Elaboración e seguemento de proxectos de intervención en materia de inclusión social.
  • Plan de Prevención de Drogodependencias e outras condutas aditivas (Valga, Dodro, Rois): Comprende diferentes actividades dirixidas a familias e grupos en situacións de risco:

       - Información e sensibilización da poboación en xeral.

       - Prevención do consumo de drogas no ámbito educativo.

  • Programa de Axuda no Fogar: Xestión de prestacións destinadas a garantir a autonomía persoal e a atención á dependencia. Existen dúas formas de acceso:

       - Servizo de axuda no fogar a persoas dependentes en situación de dependencia valorada: recoñecida a situación de dependencia, asígnase o servizo na correspondente resolución do programa individual de atención (PIA).

       - Servizo municipal de axuda no fogar de acceso por libre concorrencia: para aquelas persoas que non teñan recoñecemento de dependencia. (Ver impreso e documentación)

  • Fomento da participación social: Impulsar a solidaridade e a cooperación social organizada. Colaboración cos seguintes programas:

       - Programa de fomento da cooperación e a solidaridade social:

    Asesoramento e coordinación con asociacións e entidades de iniciativa social: ASDIVALU e AXENTIVA.

    Xuntanza de Maiores.

       - Programa de Vacacións en Paz (Solidaridade Galega co pobo Saharahui).

       - Programa de Axuda Alimentaria ás persoas máis desfavorecidas (Cruz Vermella). (Ver impreso e documentación)

       - Programa Operativo do Fondo de Axuda aos máis desfavorecidos da Unión Europea (Fundación Amigos de Galicia). (Ver impreso e documentación)

boton tesoreria

boton imserso

boton deputacion

Volver