Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Durante nove meses os participantes combinarán a formación teórica coa execución de obras de utilidade pública

- A Xunta de Galicia aporta 288.807 euros para este proxecto

Obradoiroullaumia2

Valga, 4 de novembro de 2018.

O alumnado do Obradoiro de Emprego Ulla-Umia III, que promoven conxuntamente os concellos de Valga e Moraña, dará comezo a vindeira semana a un período de nove meses de formación teórica e práctica nas especialidades de albanelería e forestal.

Nas últimas xornadas pechouse o proceso selectivo tanto dos alumnos-traballadores como do persoal directivo, administrativo e docente. Serán vinte as persoas desempregadas de Valga e Moraña que participen no proxecto, dez por cada módulo. A lista de seleccionados pode consultarse AQUÍ.

No tocante ao persoal, a directora será Mª Carmen Vidal Paz e a titora, Ana Lorenzo Rivas. Ambas ocuparon estes mesmos postos no Obradoiro de Emprego Ulla-Umia II, que se desenvolveu entre outubro e 2017 e o pasado mes de xullo. Como docente experto en albanelería foi seleccionado Juan Carlos Sangiao Puente, o experto en forestal será Manuel Fernández Buceta e a administrativa, Mª Pilar Piñeiro Sousa, os dous últimos veciños de Valga.

O obradoiro de emprego Ulla-Umia III ten como obxectivo favorecer a empregabilidade nas localidades de Valga e Moraña. Durante nove meses a formación teórica compaxinarase coa práctica mediante a realización de obras de utilidade pública. Os traballos proxectados en Valga son o acondicionamento do Camiño Portugués, a continuación das obras no edificio de usos administrativos, o arranxo dos aseos e vestiarios do ximnasio municipal e o acondicionamento de zonas de lecer como a praia fluvial de Vilarello ou o miradoiro de Beiro.

A Xunta de Galicia aprobou unha aportación económica de 288.807 euros para este obradoiro.

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver