- A igrexa parroquial de San Miguel acolleu unha cerimonia relixiosa na honra da Virxe do Pilar
- O sarxento-comandante do posto valgués, Antonio Álvarez, e o alcalde, José María Bello Maneiro, presidiron o acto
Valga, 12 de outubro de 2018.
A Garda Civil de Valga celebrou este mediodía a festividade da súa patroa, a Virxe do Pilar, cunha cerimonia relixiosa na igrexa parroquial de San Miguel que estivo presidida polo sarxento-comandante do posto valgués da Benemérita, Antonio Álvarez, e o alcalde José María Bello Maneiro.
O goberno municipal estivo igualmente representado polo concelleiro de Seguridade, José Lagos, e o edil de Facenda, José Ángel Souto, e acompañaron tamén á Garda Civil nesta xornada efectivos da Policía Local e da agrupación de voluntarios de Protección Civil, así como familiares e achegados dos gardas e outros veciños.
A cerimonia relixiosa estivo oficiada polo párroco de San Miguel, Arturo Lores Santamaría, que aludiu á “confianza” que a sociedade ten depositada na Garda Civil e destacou que as liberdades das que goza a cidadanía non serían posibles sen este corpo de seguridade. A misa contou tamén coa participación de José María Muñoz, axudante do capelán castrense da Brilat, que referiuse á Virxe do Pilar como “a columna” que sostén á Garda Civil e a axuda “a seguir cumprindo co servizo que presta día a día".
Unha vez rematado este acto, os asistentes trasladáronse ao cuartel de Valga para participar nunha comida.