Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- A actividade, que terá lugar o venres 26 con motivo do Samaín, conta con 15 prazas dispoñibles

- A velada na biblioteca de Cordeiro incluirá obradoiros, contos de cine de misterio

terror

Valga, 12 de outubro de 2018.

Rapaces de entre 11 e 13 anos de idade –que estén cursando 6º de Primaria, 1º ou 2º da ESO- poden inscribirse a partir do vindeiro luns, día 16, e ata o xoves 19 na “Noite de terror na biblioteca” que terá lugar o venres, 26 de outubro, con motivo da festividade do Samaín. Son quince as prazas dispoñibles e cubriranse por rigorosa orde de inscrición, tendo prioridade aqueles mozos que non participaran en anteriores edicións da actividade.

A iniciativa, organizada polo Concello e as bibliotecas municipais, desenvolverase no centro de lectura do Auditorio de Cordeiro, onde os participantes pasarán unha noite chea de actividades. Ás 21 horas terá lugar a benvida e a presentación e, a continuación, desenvolveranse obradoiros terroríficos, relataranse contos de terror e misterio e proxectarase unha película de medo a partir da medianoite.

Ademais desta “Noite de terror na biblioteca”, o Auditorio Municipal festexará o Samaín con máis actividades. O mesmo vernes 26, a partir das 17:30 horas, haberá unha sesión de “Contos para pasalo de medo”. E o mércores 31, á mesma hora, terá lugar a festa “Samaín con chocolatada”. A participación nestas dúas actividades é gratuíta para todo o público que queira asistir.

terror

Volver