Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Os premios oscilan entre os 200 e os 50 euros para gastar no comercio local

- Os gañadores daranse a coñecer o día 5 de xaneiro durante a recepción aos Reis Magos

Campo da Festa de Campaña

Valga, 26 de decembro de 2025.

Un total de trece colectivos e veciños participan no concurso de Decoracións de Nadal e Beléns Artesanais convocado por primeira vez polo Concello, co fin de promover a creatividade, dinamizar os diferentes núcleos do municipio e fomentar o embelecemento do espazo público durante estas festas.

Os participantes son:

  • Asociación de veciños de Raxoi: nacemento do Neno Xesús na fonte de Raxoi e decoración da contorna.
  • Asociación veciñal, cultural e sociodeportiva de Campaña: alumeado, decoración de Nadal e Belén reciclado no campo da festa.
  • Asociación de veciños de Cerneira: Decoración do lavadoiro, o cruceiro e outros puntos da aldea e belén artesanal.
  • Veciños da Praza do Souto: Instalación de Belén de madeira e outros elementos decorativos e iluminación na praza.
  • Asociación Asdivalu: Belén, luces e outra decoración de Nadal no CODI.
  • Familia Otero Lobato (Laxes, 20A): Alumeado de Nadal na vivenda e no xardín e portal de Belén.
  • Francisco Barreiro Martínez (Sixto, 28): Belén, iluminación e decoración da vivenda e parcela.
  • Miguel Santiago Meda (Devesa, 19A): iluminación na fachada da vivenda e no xardín.
  • Alba Serantes da Costa (Casal de Eirigo, 25B): Decoración e luces en peches, pasamáns, árbores e parcela e proxeccións na fachada do inmoble.
  • Jesús Rodríguez Sóñora (Forno, 123G): Alumeado de Nadal, decoración de portas, pasamáns e xardín.
  • Franco Stölkli (Carballa, 32): Iluminación e motivos de Nadal en xardín e vivenda.
  • Mónica Álvarez e Raúl López (Carracido, 1): Decoración integral da parcela con iluminación, bolas de Nadal, estrelas de luz e grilandas decoradas a man.
  • Óscar Magariños Suárez (Castiñeiras, 3): Iluminación de xardín e vivenda.

Dende o Concello animamos a todos os veciños a que visiten os espazos acondicionados polos participantes para ver as iluminacións e decoracións instaladas, algunhas feitas de xeito artesanal. Os gañadores proclamaranse en base a criterios coma a creatividade, orixinalidade e vistosidade global da decoración; o deseño, montaxe e selección dos materiais empregados, dándose especial valoración ao uso de materiais reciclados ou de refugallo e a iluminación de baixo consumo.

O xurado percorrerá os diferentes lugares que concorren ao certame nos vindeiros días para proceder á valoración.

Outorgaranse os seguintes premios:

1º Premio: vale de 200 euros e roscón de Reis

2º Premio. vale de 150 euros e roscón de Reis

3º Premio: vale de 100 euros e roscón de Reis

Outros nove vales de 50 euros e roscóns para os seguintes clasificados.

Estes vales, que se entregarán o día 5 de xaneiro durante a recepción aos Reis Magos, deberán gastarse en establecementos comerciais de Valga, promocionando así as compras no nos concello.

Casal de Eirigo 25B Fonte de Raxoi

Volver