- Os premios oscilan entre os 200 e os 50 euros para gastar no comercio local
- Os gañadores daranse a coñecer o día 5 de xaneiro durante a recepción aos Reis Magos
Valga, 26 de decembro de 2025.
Un total de trece colectivos e veciños participan no concurso de Decoracións de Nadal e Beléns Artesanais convocado por primeira vez polo Concello, co fin de promover a creatividade, dinamizar os diferentes núcleos do municipio e fomentar o embelecemento do espazo público durante estas festas.
Os participantes son:
- Asociación de veciños de Raxoi: nacemento do Neno Xesús na fonte de Raxoi e decoración da contorna.
- Asociación veciñal, cultural e sociodeportiva de Campaña: alumeado, decoración de Nadal e Belén reciclado no campo da festa.
- Asociación de veciños de Cerneira: Decoración do lavadoiro, o cruceiro e outros puntos da aldea e belén artesanal.
- Veciños da Praza do Souto: Instalación de Belén de madeira e outros elementos decorativos e iluminación na praza.
- Asociación Asdivalu: Belén, luces e outra decoración de Nadal no CODI.
- Familia Otero Lobato (Laxes, 20A): Alumeado de Nadal na vivenda e no xardín e portal de Belén.
- Francisco Barreiro Martínez (Sixto, 28): Belén, iluminación e decoración da vivenda e parcela.
- Miguel Santiago Meda (Devesa, 19A): iluminación na fachada da vivenda e no xardín.
- Alba Serantes da Costa (Casal de Eirigo, 25B): Decoración e luces en peches, pasamáns, árbores e parcela e proxeccións na fachada do inmoble.
- Jesús Rodríguez Sóñora (Forno, 123G): Alumeado de Nadal, decoración de portas, pasamáns e xardín.
- Franco Stölkli (Carballa, 32): Iluminación e motivos de Nadal en xardín e vivenda.
- Mónica Álvarez e Raúl López (Carracido, 1): Decoración integral da parcela con iluminación, bolas de Nadal, estrelas de luz e grilandas decoradas a man.
- Óscar Magariños Suárez (Castiñeiras, 3): Iluminación de xardín e vivenda.
Dende o Concello animamos a todos os veciños a que visiten os espazos acondicionados polos participantes para ver as iluminacións e decoracións instaladas, algunhas feitas de xeito artesanal. Os gañadores proclamaranse en base a criterios coma a creatividade, orixinalidade e vistosidade global da decoración; o deseño, montaxe e selección dos materiais empregados, dándose especial valoración ao uso de materiais reciclados ou de refugallo e a iluminación de baixo consumo.
O xurado percorrerá os diferentes lugares que concorren ao certame nos vindeiros días para proceder á valoración.
Outorgaranse os seguintes premios:
1º Premio: vale de 200 euros e roscón de Reis
2º Premio. vale de 150 euros e roscón de Reis
3º Premio: vale de 100 euros e roscón de Reis
Outros nove vales de 50 euros e roscóns para os seguintes clasificados.
Estes vales, que se entregarán o día 5 de xaneiro durante a recepción aos Reis Magos, deberán gastarse en establecementos comerciais de Valga, promocionando así as compras no nos concello.







