Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Simulouse un incendio e cronometrouse o tempo que tardaron en saír do edificio

- Participaron o Grupo de Emerxencias, a Policía Local e voluntarios de Protección Civil

EVACUACION7

Valga, 24 de maio de 2018.

A Escola Infantil Municipal levou a cabo esta mañá un simulacro de evacuación que contou coa participación do Grupo de Emerxencias, a Policía Local e voluntarios da agrupación de Protección Civil. 

Tras declararse un incendio no despacho da dirección, o persoal docente guiou ao alumnado ata o exterior do centro, empregando as saídas máis próximas a cada aula, e reunironse todos nun punto de encontro concertado previamente.

Os servizos de emexencias contraloron que a evacuación se realizase de xeito correcto e cronometraron o tempo que durou. É importante facelo o máis rápido posible pero tamén asegurarse de que ninguén queda dentro, por iso é preciso revisar as aulas unha por unha e facer un reconto dos nenos unha vez estean a salvo. De producirse un incendio real, á chegada das emerxencias debería estar o reconto xa feito para que os efectivos sepan se, ademais de extinguir o lume, deben buscar a algunha vítima.

Complementario a este simulacro, a Escola Infantil Municipal ten redactado un Plan de Evacuación que recolle sobre o papel todos os pasos a seguir en caso de incendio ou outra emerxencia que obrigue a abandonar o centro de forma precipitada.

Mañá realizarase un ensaio similar no IES de Valga.

evacuacion1 evacuacion2 evacuacion3 evacuacion4 evacuacion5 evacuacion6

Volver