Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Os aprendices de forestais asistiron a unha charla impartida pola mestra composteira, Silvia Torres

- A técnica municipal incidiu, especialmente, na importancia da correcta separación e reciclaxe no ámbito laboral

CharlaCompostaxeObradoiroVII 1

Valga, 10 de setembro de 2024.

O alumnado da especialidade de forestais do Obradoiro de Emprego Ulla-Umia VII participou nunha xornada formativa sobre residuos e compostaxe, que foi impartida pola mestra composteira do Concello, Silvia Torres.

Os aprendices asistiron primeiro a unha charla nas aulas da Escola Taller, na que se lles explicaron nocións básicas sobre a xestión e separación dos distintos tipos de residuos e algúns dos servizos que, relacionados con esta materia, presta o Concello, coma o Punto Limpo.

Abordouse, ademais, a reciclaxe de residuos orgánicos a través da compostaxe, un sistema que o Concello implantou coa colaboración da Deputación e que supuxo, ata o de agora, a creación de tres centros de compostaxe comunitaria e o reparto dun milleiro de composteiros domésticos entre as familias do municipio.

Silvia Torres incidiu na importancia da reciclaxe tamén no ámbito laboral, poñendo énfase na xestión dos residuos orgánicos que son resultado do traballo no ámbito forestal: restos de cortas, podas ou talas.

CharlaCompostaxeObradoiroVII 2

 

 

Volver