- Ademais de fútbol, que é o deporte central, tamén practican outras disciplinas coma baloncesto ou pádel
- Os participantes teñen entre 4 anos de idade (categoría biberón) e 15 (cadete)
Valga, 27 de xuño de 2024.
O Cordeiro C.F. está a desenvolver un campus de verán no que participar un total de noventa rapaces de idades comprendidas entre 4 anos (categoría biberón) ata 15 (cadete). A actividade, que comezou o día 24 de xuño e se prolongará ata o 5 de xullo, lévase a cabo nas instalacións deportivas de Campaña.
Nesta primeira semana o número de participantes é de arredor de 80. Ás 9:30 dá comezo o campus, que nas primeiras horas da mañá, se centra en exercicios de quecemento e xogos de mobilidade e coordinación orientados á práctica do fútbol.
Despois dunha merenda saudable, sobre as 11:30 horas retómanse as actividades coa práctica doutras disciplinas deportivas coma baloncesto, pádel ou rugby, entre outros, aproveitando que as instalacións municipais de Campaña contan con pistas multideporte.
Na última parte da xornada, a partir das 13:00 aproximadamente, retoman o fútbol coa disputa de partidos divididos por categorías. Cada unha delas conta con dous adestradores.
Na primeira semana de xullo serán uns vinte rapaces os que continúen no campus, no que, ademais de traballar aspectos técnicos e tácticos do fútbol, se promoven valores como o compañeirismo, o xogo limpo ou os bos hábitos alimentarios.