Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Case corenta estudantes remataron os seus estudos de agroxardinaría e composicións florais, fabricación e montaxe, soldadura e caldeiraría e construcións metálicas

- O alcalde e a concelleira de Educación asistiron ao acto de entrega dos diplomas

GraduacionCiclos1

Valga, 20 de xuño de 2024.

O IES de Valga celebrou onte no Auditorio a graduación dos estudantes que, neste curso, remataron os ciclos formativos de Agroxardinaría e composicións florais, Fabricación e montaxe, Soldadura e caldeiraría –nas súas modalidades ordinaria e dual– e Construcións metálicas. En total, 37 alumnos recibiron os seus diplomas nun acto ao que asistiron o alcalde, José María Bello Maneiro, e a concelleira de Educación, Carmen Gómez.

“A perseveranza que demostráchedes durante estes anos de estudo dá agora os seus resultados”, dixo o rexedor aos mozos que acaban de graduarse. “Unha parte está feita, pero quédavos outra importantísima: poñer en valor todo o logrado accedendo ao mercado laboral ou continuando coa vosa formación”, engadiu Bello Maneiro.

Tamén interviu o director do IES, Eliseu Mera, que afirmou que  “a promoción que saíu deste curso é o mellor estandarte que podemos levar, e así nolo transmitiron as empresas” nas que algúns dos estudantes realizaron prácticas. Tamén destacou o aumento da oferta formativa que se producirá a partir de setembro, cando comezarán a impartirse tres novos ciclos de Mantemento electromecánico, Xardinaría e floraría e Mecatrónica industrial, “cos que ofreceremos novas vías de inserción laboral” aos mozos de Valga e da contorna.

Outro aspecto sobre o que fixo fincapé o director foi no aumento da presenza feminina. “Este ano houbo máis mulleres matriculadas nos ciclos que en toda a historia do IES”, que en setembro cumprirá 25 anos. “Seguiremos dando pasos” en materia de igualdade nas aulas, e anunciou que o vindeiro curso o centro contará con vestiarios específicos para alumnas e profesoras.

O pianista Alonso Pinilla puxo a nota musical ao acto, coa interpretación de varios temas.

GraduacionCiclos2 GraduacionCiclos3

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver