Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- O responsable da cacharela debe cubrir un impreso comprometéndose a adoptar as medidas de seguridade necesarias

- Os servizos de emerxencias realizarán un seguimento durante a noite do 23 de xuño para previr posibles incidencias

fogueir

Valga, 5 de xuño de 2024.

O Concello de Valga ten aberto o prazo de solicitude de permisos para prender as tradicionais fogueiras na noite de San Xoán, do 23 ao 24 de xuño.

As persoas interesadas en celebrar esta festividade deben cubrir un impreso comprometéndose a adoptar as medidas de seguridade precisas e indicando a parroquia e o lugar nos que se acenderá a cacharela, que quedará baixo a súa responsabilidade. Poden rexistrar a súa solicitude nas oficinas municipais, entregando tamén unha copia do DNI, ou descargar a folla na páxina web municipal (https://www.valga.gal/atencion-cidada/impresos-solicitudes) e enviar a documentación ao correo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo..

O prazo para tramitar as autorizacións permanecerá aberto ata o martes 20 de xuño ás 15:00 horas.

O listado completo de solicitudes será posto en coñecemento do Servizo de Defensa contra incendios do Distrito Forestal XIX Caldas-Salnés, así como dos servizos de emerxencias, que durante a noite de San Xoán, farán un seguimento das fogueiras para garantir que non se produzan incidentes.

O Concello de Valga fai unha serie de RECOMENDACIÓNS aos veciños que vaian a celebrar o San Xoán co acendido de lume:

  • En prol da seguridade, non facer moreas dunha altura excesivamente elevada
  • Non facer a fogueira preto de lugares con vexetación
  • Con exceso de vento non prender a fogueira
  • Evitar usar nas cacharelas materiais que co vento poidan provocar un incendio (ramas de eucalipto, papeis, etc.)
  • Procurar ter auga preto para actuar ante posibles escapes do lume
  • Non utilizar na fogueira materiais contaminantes (pneumáticos, aerosois, etc.)
  • Deixar a fogueira completamente apagada antes de marchar
  • En caso de problemas, débese chamar ao 085 ou ao 112 (a chamada é gratuíta)

Folla de solicitude

SanXoán2024

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver