Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- O Concello tamén aporta as medallas para os gañadores e as instalacións deportivas de Campaña

- As competicións, en sete categorías diferentes, comezan esta fin de semana

TrofeosBase1

Valga, 24 de maio de 2024.

Representantes do Cordeiro C.F. recolleron esta mañá no CODI os trofeos que se entregarán na oitava edición do Torneo de Fútbol Base, que comeza esta fin de semana.

O Concello colabora neste evento deportivo cedendo as instalacións municipais de Campaña e aportando, ademais, as medallas e trofeos. Estes foron deseñados e elaborados para a ocasión polos usuarios do CODI, un proceso que foi guiado pola artista local Ángeles Garrido.

Fixeron un total de 77 trofeos nos que se representa un balón entrando nunha portería. Son de cerámica e están pintados con engobe de diferentes cores e esmaltados. Os soportes de madeira foron elaborados polo carpinteiro municipal. Os usuarios do CODI participaron en todo o proceso, dende o modelado con plantillas ata o pintado e pegado.

O VIII Torneo de Fútbol Base organizado polo Cordeiro dá comezo mañá, xornada na que se disputarán os encontros das categorías cadete e xuvenil. O domingo será o turno de infantís e biberóns.

As competicións retomaránse na primeira fin de semana de xuño cos partidos de categoría prebenxamín, benxamín e alevín.

En total participarán no torneo, arredor de 1.800 xogadores de 122 equipos.

TrofeosBase2

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver