Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Os líbros atópanse no CODI, onde poden ser collidos en empréstito polas persoas que queiran lelos

- Son obras de mulleres, sobre mulleres ou sobre igualdade, tanto para adultos como para mozos e nenos

MaletaViaxeira1

Valga, 8 de marzo de 2024.

A “Maleta viaxeira” da Subdelegación do Goberno en Pontevedra recala en Valga durante tres meses cunha vintena de obras de mulleres, sobre mulleres ou nas que a igualdade é tema central. O subdelegado, Abel Losada, estivo esta mañá no CODI, onde se atopa a sede do Centro de Información á Muller (CIM) para facer entrega da maleta ao alcalde, José María Bello Maneiro, aos concelleiros Carmen Gómez e Pedro Calvo, e á responsable do CIM, Lorena Núñez. Tamén asistiu ao acto a voceira do grupo municipal socialista, María Ferreirós.

Esta iniciativa trata de fomentar a igualdade e concienciar sobre a necesidade de seguir avanzando na loita contra a violencia de xénero a través da lectura. Ao mesmo tempo, pretende favorecer un pensamento crítico ante estereotipos e roles de xénero que se perpetúan socialmente e que desembocan na violencia machista.

As obras que inclúe a maleta son:

  • “El síndrome de la impostora”, de Elisabeth Cadoche e Anne de Montarlot
  • “Comando Igualdade. A mocidade facendo a revolución feminista nas aulas”, de Chis Oliveira e Priscila Retamozo
  • “Feminismos”, de Beatriz Ranea Triviño
  • “Follas Novas”, de Rosalía de Castro
  • “La tierra de las mujeres”, de Sandra Barneda
  • “Nada que perder”, de Susana Fortes
  • “La revuelta de las putas”, Amelia Tiganus
  • “Bea á procura da luz”, sobre a vida da activista feminista Verónica Salazar
  • “Mulleres represaliadas no cárcere de Tui (1936-1939), editado polo Concello de Tui

Tamén conta cunha serie de lecturas infantís:

  • “El diario violeta de Carlota”, de Gemma Lienas
  • “Grandes mujeres que cambiaron el mundo”, de Kate Pankhurst
  • “Las princesas también se tiran pedos”, de Ilan Brenman

A maleta permanecerá no CODI durante tres meses, un tempo no que os libros poderán ser collidos en empréstito polos veciños que o desexen. Os lectores tamén poderán reflexar a súa experiencia a través de comentarios ou suxestións co obxectivo de contribuír a enriquecer esta iniciativa.

MaletaViaxeira2 MaletaViaxeira3

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver