Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Os concelleiros Carmen Gómez e Pedro Calvo comprobaron o desenvolvemento dos traballos

- En paralelo continúan coa actuación no parque da Mina Mercedes, onde se está a mellorar o pavimento

ObraLocaisCampo1

Valga, 15 de xaneiro de 2024.

O módulo de albanelería do Obradoiro de Emprego Xuvenil, que dende o pasado mes de outubro están a desenvolver conxuntamente os concellos de Valga e Moraña, está a realizar obras de acondicionamento dos locais situados baixo as bancadas do campo de fútbol municipal de Baño.

A tenente de alcalde, Carmen Gómez, o concelleiro Pedro Calvo e a directora do Obradoiro, Mari Carmen Vidal, participaron nunha visita á obra para comprobar o seu avance. Os alumnos, mozos menores de 30 anos, desmontaron a madeira que cubría as paredes, o teito e o piso, no que realizaron un recrecido para deixalo a nivel e poder colocar, despois, a plaqueta.

Nestes momentos están a poñer ladrillo nas paredes que, posteriormente, recebarán con morteiro, lucirán con xeso e pintarán. A actuación neste local tamén inclúe a colocación de falso teito.

Noutra das estancias adxacentes, os aprendices acondicionarán un baño.

En paralelo a esta obra, o módulo de albanelería tamén está traballando no parque infantil da Mina Mercedes para mellorar o pavimento.

Un total de dezaseis os mozos de Valga e Moraña que participan neste Obradoiro de Emprego, O Obradoiro "Xóvenes II" (que está cofinanciado pola Unión Europea mediante o programa FSE+Galicia 2021-2027) recibindo formación teórica e práctica tanto na especialidade de albanelería coma de forestais.

ObraLocaisCampo3

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver