Valga, 14 de novembro de 2023.
- Xoves, 16 de novembro:
- Faladoiro: “A Bella Otero, unha icona da Belle Époque”, por Encarna Otero Cepeda. Ás 19:00 horas no Museo da Historia, con entrada libre.
- Luns 20 e venres 24 de novembro:
- Curso gratuíto de autodefensa para mulleres ante situacións violentas. De 16:30 a 20:30 horas no Auditorio Municipal. Prazo de Inscrición: ata o día 17 de novembro.
- Martes, 21 de novembro:
- Un conto pola igualdade: “Arturo e Clementina”. Ás 17:30 horas na sala vermella do Auditorio Municipal.
- Mércores, 22 de novembro:
- Obradoiro de autocoidado emocional, impartido por Belén Gavín (psicóloga co Centro de Información á Muller). Ás 10:00 horas no Auditorio Municipal, sen necesidade de inscrición.
- Venres, 24 de novembro:
- Pasos pola igualdade: Andaina con saída dende o CODI ata o Concello. A partir das 11:30 horas.
- Minuto de silencio en repulsa polos asasinatos de mulleres vítimas da violencia de xénero. Ás 12:00 horas na Casa do Concello
- Sábado, 25 de novembro:
- Música contra a violencia: Concerto da Banda de Música Municipal de Valga. Ás 19:00 horas no Auditorio Municipal con entrada gratuíta.
- Sesións grupais “Redes en feminino”:
- Día 13 de novembro ás 10:00: Autocoidado físico
- Día 20 de novembro ás 10:00: Autocoidado e relaxación
- Día 27 de novembro ás 10:00: Autocoidado e relaxación
- Día 4 de decembro ás 10:00:Formación en respiración consciente de novembro.
- Chanzos contra a violencia machista:
- Coa finalidade de compartir información sobre a violencia de xénero e trasladar mensaxes de ánimo ás vítimas. No Auditorio e no Concello.
- Creando igualdade:
- Promovendo a igualdade e a participación, os usuarios do CODI elaborarán uns xabóns para conmemorar o 25-N.
- Mural de sensibilización sobre a violencia de xénero:
- Co obxectivo de concienciar á poboación sobre a problemática que supón a violencia de xénero, pintarase un mural no CODI en colaboración coa Asociación Asdivalu.