Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

25 N Man

Valga, 14 de novembro de 2023.

- Xoves, 16 de novembro:

  • Faladoiro: “A Bella Otero, unha icona da Belle Époque”, por Encarna Otero Cepeda. Ás 19:00 horas no Museo da Historia, con entrada libre.

- Luns 20 e venres 24 de novembro:

  • Curso gratuíto de autodefensa para mulleres ante situacións violentas. De 16:30 a 20:30 horas no Auditorio Municipal. Prazo de Inscrición: ata o día 17 de novembro.

- Martes, 21 de novembro:

  • Un conto pola igualdade: “Arturo e Clementina”. Ás 17:30 horas na sala vermella do Auditorio Municipal.

- Mércores, 22 de novembro:

  • Obradoiro de autocoidado emocional, impartido por Belén Gavín (psicóloga co Centro de Información á Muller). Ás 10:00 horas no Auditorio Municipal, sen necesidade de inscrición.

- Venres, 24 de novembro:

  • Pasos pola igualdade: Andaina con saída dende o CODI ata o Concello. A partir das 11:30 horas.
  • Minuto de silencio en repulsa polos asasinatos de mulleres vítimas da violencia de xénero. Ás 12:00 horas na Casa do Concello

- Sábado, 25 de novembro:

  • Música contra a violencia: Concerto da Banda de Música Municipal de Valga. Ás 19:00 horas no Auditorio Municipal con entrada gratuíta.

- Sesións grupais “Redes en feminino”:

  • Día 13 de novembro ás 10:00: Autocoidado físico
  • Día 20 de novembro ás 10:00: Autocoidado e relaxación
  • Día 27 de novembro ás 10:00: Autocoidado e relaxación
  • Día 4 de decembro ás 10:00:Formación en respiración consciente de novembro.

- Chanzos contra a violencia machista:

  • Coa finalidade de compartir información sobre a violencia de xénero e trasladar mensaxes de ánimo ás vítimas. No Auditorio e no Concello.

- Creando igualdade:

  • Promovendo a igualdade e a participación, os usuarios do CODI elaborarán uns xabóns para conmemorar o 25-N.

- Mural de sensibilización sobre a violencia de xénero:

  • Co obxectivo de concienciar á poboación sobre a problemática que supón a violencia de xénero, pintarase un mural no CODI en colaboración coa Asociación Asdivalu.
Volver