Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- As parroquias de Cordeiro e Xanza son as que rexistraron un maior número de solicitudes veciñais

- O Concello pide aos responsables das cacharelas que extremen a vixilancia para evitar incidentes

fogueira

Valga, 22 de xuño de 2023.

O Concello de Valga tramitou un total de 108 solicitudes de permiso para fogueiras de San Xoán. A parroquia que rexistrou un maior número de solicitudes veciñais foi a de Cordeiro, cun total de 36, seguida de Xanza con 26. En San Miguel de Valga están autorizados 21  lumes, en Campaña 18 e en Setecoros 7.

Para poder cumprir coa tradición na noite máis curta do ano, os veciños tiveron que cubrir un impreso nas oficinas municipais indicando a parroquia e o lugar no que se realizará a fogueira, quedando esta baixo a responsabilidade do solicitante que, coa súa sinatura, se compromete a adoptar as medidas de seguridade necesarias para evitar incidentes e escapes do lume e a cumprir as normas sanitarias que están en vigor.

O listado completo de cacharelas autorizadas foi posto en coñecemento dos servizos de emerxencias, que farán un seguimento para evitar posibles incidentes.

As normas de seguridade que deben cumprir as persoas que vaian a celebrar o San Xoán co acendido de fogueiras son as seguintes:

  • Non facer moreas dunha altura excesivamente elevada para evitar problemas de seguridade
  • Non facer a fogueira preto de lugares con vexetación
  • Con exceso de vento non prender a fogueira
  • Evitar usar nas cacharelas materiais que co vento poidan provocar un incendio (ramas de eucalipto, papeis, etc.)
  • Ter auga preto para actuar ante posibles escapes do lume
  • Non utilizar na fogueira materiais contaminantes (pneumáticos, aerosois, etc.)
  • Deixar a fogueira completamente apagada antes de marchar
  • No caso de ter problemas debe chamar ao 085 ou ao 112 (a chamada é gratuíta)

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver