- O párroco Arturo Lores recibiu o donativo e agradeceu a solidariedade do persoal
- A doazón permitirá axudar a familias de Valga e tamén doutras localidades da contorna
Valga, 23 de decembro de 2022.
Os traballadores da empresa Urovesa, asentada en Campaña, son os protagonistas dunha nova acción solidaria que se desenvolveu no noso concello nestas datas de Nadal. Acaban de doar a Cáritas parroquial de Santa Comba de Cordeiro numerosos xoguetes e caixas de alimentos para axudar ás familias que pasan por dificultades económicas e que gocen, igualmente, destas festas tan especiais.
As caixas que contiñan os xogos e os produtos de alimentación foron trasladadas ese mediodía ao local de Cáritas por traballadores da empresa e recibidos polo párroco, Arturo Lores, que agradeceu a solidariedade de todo o cadro de persoal de Urovesa e felicitouse ao comprobar que “nestas datas vívese moito máis a caridade”.
Esta doazón permitirá axudar a familias tanto de Valga coma doutras localidades da contorna.