- O xurado visitou as obras de acondicionamento executadas polos veciños con materiais aportados polo Concello

- As tres actuacións máis valoradas recibirán premios de 300, 200 e 100 euros

Emb22 Xur

Valga, 24 de agosto de 2022.

O concurso Embelecer Valga ten xa gañadores, aínda que estes non se farán públicos ata o vindeiro sábado, no acto de entrega de premios da XXXII Festa da Anguía e Mostra da Caña do País. O xurado xa emitiu a súa votación despois de percorrer os parques, espazos e infraestruturas públicas participantes, locen estes días a súa mellor imaxe.

Este certame premia ao lugar máis fermoso acondicionado e engalanado polos veciños e é convocado anualmente polo Concello co obxectivo de implicar á cidadanía no coidado dos lugares públicos, acometendo proxectos de mellora e accións de limpeza, mellora, dotación de equipamentos ou ornamentación. O Concello aporta os materiais necesarios para a realización das obras.

Un total de dezanove lugares das distintas parroquias participaron nesta edición do concurso e o pasado sábado foi o día no que recibiron a visita do tribunal, formado por un representante de cada comisión veciñal participante e os concelleiros de Cultura, Turismo e Facenda. Valoraron aspectos coma o deseño de xardíns e zonas recreativas, a orixinalidade e creatividade da decoración, o aproveitamento de recursos da zona e uso de materiais reutilizados.

As actuacións levadas a cabo foron as seguintes:

  • Avenida da Coruña: melloras e reparacións no parque
  • Barcia: conservación e mantemento do parque
  • Barro: acondicionamento e mellora do parque
  • Beiro: actuacións no parque, no lavadoiro e no Agro de Arriba
  • Belén Artesanal: acondicionamento da zona exterior do Belén
  • Campaña (Eirexe): actuacións de acondicionamento na contorna da igrexa parroquial
  • Canle: traballos de mantemento e ornamentación no parque
  • CEP Xesús Ferro Couselo: pintado de xogos e outras melloras no patio
  • CEIP Baño-Xanza: mellora do patio exterior do colexio
  • Cimadevila: mantemento do parque e do lavadoiro
  • CRA de Valga: melloras nas escolas de Xanza, Chenlo, Forno, Ferreirós, Vilarello e Campaña e nos patios exteriores
  • Eiras: arranxos e mantemento do lavadoiro
  • Escola Infantil Municipal: melloras no patio exterior
  • Ferreirós: acondicionamento de talude na marxe da estrada PO-190
  • Ferreirós (Parque): actuacións no parque infantil
  • Gándara: mantemento do parque do lugar
  • Laceiras: mellora da casa veciñal e acondicionamento do parque
  • Vilar: acondicionamento do campo da festa e no parque
  • Vilarello: acondicionamento, mantemento e ornamentación no parque, lavadoiro e local veciñal

O proxecto mellor valorado será premiado con 300 euros, e o segundo e terceiro clasificados recibirán 200 e 100 euros respectivamente. As demais comisións participantes recibirán un diploma e unha gratificación de 100 euros.

Ademais, entregarase un premio especial de 150 euros para o lugar con mellor mantemento durante todo o ano.

Emb22 2 Emb22 3

Emb22 4 Emb22 8

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

Volver