Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- As clases de inglés están orientadas a obter os certificados oficiais de Cambridge ou Trinity College

- A reserva de praza pode facerse a través do teléfono 986 85 12 25

EscudoConcelloo

Valga, 24 de setembro de 2021.

A Escola Municipal de Idiomas dará comezo en outubro ao curso 2021-2022 e ten aberto o prazo de matrícula para todas aquelas persoas (nenos, mozos ou adultos) que queiran asistir ás clases de inglés para mellorar o seu nivel de coñecemento desta lingua estranxeira, xa sexa por motivos académicos ou laborais.

As clases, que son impartidas no Auditorio Municipal por mestres do Centro de Idiomas Waterford, comezarán en outubro e prolongaranse ata a primavera de 2021. Nelas faise especial fincapé no aspecto oral para darlle un enfoque máis práctico á aprendizaxe da lingua, así como á preparación dos alumnos para a obtención dalgún certificado oficial que recoñeza o nivel adquirido.

As persoas interesadas en reservar praza poden facelo a través do teléfono 986 85 12 25 ou no correo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. .

O Centro de Idiomas Waterford ten una ampla traxectoria no desenvolvemento de cursos de Inglés a tódolos niveis e conta con profesorado especializado. É centro examinador oficial de Trinity College London e tamén Centro Preparador Oficial de Cambridge University para a obtención dos certificados Pet (B1) e First (B2). Estes exames avalían o nivel das competencias tanto orais como escritas do alumnado e están recoñecidos polas institucións educativas.

Na convocatoria do pasado mes de xuño para obter o certificado B1 PET de Cambridge presentáronse cinco alumnos da escola de Valga  e todos eles superaron o exame. Ademais, dous dos examinados, acadaron unha nota alta que lles permitiu certificar tamén o nivel B2.

Volver