- Dotarase de rede de sumidoiros aos lugares de Bronllo-Cernadas, Vilarello, Centro médico-Charca e Bouza

- A actuación acaba de saír a contratación e o prazo de presentación de ofertas está aberto ata o 2 de agosto

 

Valga, 21 de xullo de 2021.

O Concello proxecta unha nova obra de saneamento para continuar estendendo este servizo a todo o territorio municipal. Esta actuación, que conta cun orzamento de 112.343’55 euros, desenvolverase nos lugares de Bronllo-Cernadas, Vilarello, Centro médico-Charca e Bouza, aos que se dotará de rede de sumidoiros.

En concreto instalaranse máis dun quilómetro de novas canalizacións con tubaxe de PVC de 315 milímetros de diámetro, que irán acompañadas dos correspondentes pozos de rexistro para posibilitar a inspección, limpeza e acometida das vivendas.

Esta actuación permitirá a evacuación das augas residuais procedentes das vivendas existentes nestas zonas, eliminando os pozos negros e fosas sépticas existentes e evitando así posibles focos de contaminación ambiental.

As obras, que se financian a través Plan Concellos 2020 da Deputación, acaba de saír a contratación e as empresas teñen de prazo ata o día 2 de agosto para presentar as súas ofertas.

boton auditorio

boton edificio usos admin

boton casa cultura

boton codi

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton sede electronica

boton bandos

boton bella otero

boton rueiro

boton tokapp

boton directorio

Boton Obradoiro

boton tempo

Volver