Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- As probas comezaron a pasada fin de semana coa participación de 50 aspirantes

- “Atopamos moi boa predisposición por parte da dirección” do centro, destaca o presidente do tribunal

vistaiesvalga

Valga, 23 de xuño de 2021.

As instalacións do IES de Valga foron as escollidas pola Consellería de Educación para desenvolver as oposicións da especialidade de Soldadura.

Os exames da oferta pública de emprego educativa deron comezo o pasado sábado coa primeira proba práctica, que se desenvolveu baixo a carpa instalada polo Concello durante este curso para que o alumnado puidera saír ao patio en días de chuvia cumprindo os protocolos anti-Covid. Este era o espazo máis axeitado para albergar a todos os opositores mantendo as condicións de seguridade, explican dende a dirección do centro.

A estas probas estaban convocadas un total de 71 persoas, das que asistiron 50. O número de prazas dispoñibles é de 20. O procedemento selectivo prolongarase durante varias semanas, ata o 21 de xullo, e os exames máis inminentes celebraranse hoxe mércores e o venres. Serán probas nas que os opositores terán que demostrar as súas aptitudes técnicas e o coñecemento do temario específico da especialidade.

As oposicións de Educación celébranse nesta ocasión de forma descentralizada debido á pandemia. É a primeira vez que se realizan probas fóra das grandes cidades, en concreto en 23 localidades galegas, entre elas Valga. As instalacións do IES ofrecen “uns talleres moi amplos e con boas condicións nos que traballar”, apunta o director do instituto, Eliseu Mera, como un dos motivos que  puido influír á hora de elixir a Valga como sede.

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver