Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- O contrato inclúe a xestión dos contratos de traballo ou a tramitación de altas e baixas, entre outros asuntos

- O prazo de presentación de ofertas estará aberto ata o día 17 de xuño

 

Valga, 3 de xuño de 2021.

O Concello acaba de sacar a contratación o servizo de asesoramento laboral para os próximos dous anos, con opción de prórroga ata un máximo de catro anualidades.

O obxecto do contrato inclúe a xestión dos contratos de traballo, tramitación das altas e baixas na Seguridade Social, confección das nóminas mensuais, asesoramento e tramitación de todas as comunicacións entre o Concello, a Seguridade Social e o Servizo Público de Emprego (SEPE), así como outros servizos que poidan ofrecer os licitadores.

O prazo de presentación de ofertas estará aberto ata o día 17 de xuño, a través da plataforma electrónica da Consellería de Facenda. Os licitadores deben presentar unha memoria na que expoñan os medios humanos e materiais que porán a disposición do Concello, os medios telemáticos cos que contan para intereactuar, entre outros aspectos referidos ao traballo a realizar.

O prezo estimado do contrato é de 10.500 euros anuais.

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver