- As inscricións poden realizarse a través do correo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. nas categorías individual ou parellas
- Haberá un premio especial ao disfrace que reciba máis “likes” en Facebook e Instagram
Valga, 1 de febreiro de 2021.
A pandemia e a necesidade de restrinxir o contacto social e evitar aglomeracións de persoas impiden que este ano poida celebrarse o concurso de Entroido á maneira tradicional, con desfile de disfraces e comparsas. Pero o Concello, a través da Concellería de Cultura, está organizando un concurso virtual que se desenvolverá a través das redes sociais e que repartirá 1.130 euros en premios.
Poden participar no certame persoas empadroadas en Valga nas categorías Infantil (de 0 a 14 anos) e Adultos (a partir de 15 anos), tanto de forma individual como en parella. Ademais, establécese dúas categorías especiais (o disfrace máis orixinal e o mellor disfrace de mulleres representativas da historia) e un premio ao participante que reciba máis “likes” nas redes sociais.
O prazo de inscrición estará aberto ata o día 11 de febreiro ata as 15:00 horas. Os participantes deben cubrir a folla de inscrición e enviala ao correo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. xunto cunha fotografía ou pequeno vídeo do disfrace. En cada ficha debe figurar o nome do disfrace, as categorías ás que se presenta (unha xeral e, de ser o caso, algunha das dúas especiais), nome e apelidos de todos os participantes, DNI, enderezo e teléfono de contacto. En caso de ser menores, deberá constar tamén o nome e apelidos e sinatura dos pais ou titores.
O material audiovisual recibido, con todas as fotos e vídeos dos participantes, subirase ás redes sociais do Concello (Facebook e Instagram) e durante os días 13 e 14 de febreiro todos os internautas poderán votar polos seus disfraces favoritos.
Os premios correspondentes a cada categoría serán os seguintes:
- Infantil Individual:
- 1º Premio: 50 euros
- 2º Premio: 40 euros
- 3º Premio: 30 euros
- 4º Premio: 20 euros
- Infantil Parellas:
- 1º Premio: 70 euros
- 2º Premio: 60 euros
- 3º Premio: 50 euros
- 4º Premio: 40 euros
- Adultos Individual:
- 1º Premio: 80 euros
- 2º Premio: 70 euros
- 3º Premio: 50 euros
- 4º Premio: 40 euros
- Adultos Parellas:
- 1º Premio: 100 euros
- 2º Premio: 80 euros
- 3º Premio: 60 euros
- 4º Premio: 40 euros
- Disfrace máis orixinal: 100 euros
- Mellor disfrace de mulleres representativas da historia: 100 euros
- Disfrace con máis “likes”: 50 euros
O xurado estará composto polo concelleiro de Cultura, a concelleira de Turismo e Novas Tecnoloxías, e representantes de distintas asociacións do Concello. Os premios entregaranse en vales de compra que poderán utilizarse no comercio local e terán validez durante todo o ano 2021.