Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Os inscritos participan en clases individuas e realizan traballo técnico e de repertorio

- A actividade forma parte do programa formativo do Centro Superior de Música

ClarineteVicenteAlberola1

Valga, 18 de decembro de 2020.

Catorce alumnos, dez deles activos e catro oíntes, participan esta fin de semana na masterclass de clarinete que imparte no Auditorio Municipal Vicente Alberola, un dos clarinetistas españois máis destacados e colaborador da Mahler Chamber Orchestra. A actividade forma parte do programa formativo do Centro Superior de Música (CSM Galicia) e conta coa colaboración do Concello de Valga.

A clase maxistral inclúe sesións individuais, clases técnicas e traballo de repertorio. Deu comezo esta mañá e terá continuidade durante toda a xornada do sábado.

Vicente Alberola (Valencia, 1970) formouse no Conservatorio Superior da súa cidade natal. En 1989 concedéuselle unha bolsa para ampliar os seus estudos no Royal Conservatoire de Amberes (Bélxica) e en 1990 gañou a praza de primeiro clarinete na Orquestra Sinfónica de Galicia, posto que ocupou durante doce años. Neste período tamén colaborou coa orquestra de cámara Mahler, a Filharmonía de Galicia e outras agrupacións de prestixio a nivel nacional e internacional coma a Orquestra da Ópera de Amberes.

Como profesor traballou na Joven Orquesta Nacional de España (JONDE) e na Joven Orquestra Sinfónica de Galicia, entre outras, e como solista ten interpretado concertos para clarinete de W.A. Mozart, C.M. von Weber e J. A. Amargós, todos coa Sinfónica de Galicia.

En 2004 recibiu a medalla de bronce da Orquestra Sinfónica de Madrid e tamén exerceu como director en concertos pedagóxicos desta mesma agrupación no Teatro Real e noutros escenarios.

ClarineteVicenteAlberola2 ClarineteVicenteAlberola1

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver