Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Leite, pasta, aceite e outros alimentos serán distribuídos entre as familias en situación de vulnerabilidade

- O punto de recollida continúa a disposición de todos os veciños que queiran colaborar na tenda de Ferreirós

ALIMENTOS2

Valga, 1 de decembro de 2020.

O departamento de Servizos Sociais do Concello recollerá nos vindeiros días un novo lote de produtos básicos doados polo establecemento comercial Alimentación Eiras e polos seus clientes, no marco dunha campaña benéfica para axudar ás familias de Valga que se atopan en situación de vulnerabilidade.

Entre os produtos que inclúe esta remesa hai leite, pasta, aceite, gallegas e outros doces, sal, cereais para o almorzo, cacao en polvo, chocolate, fariña e azucre, entre outros. O persoal de Servizos Sociais encargarse de distribuír os alimentos entre aquelas familias con escaseza de recursos ou en risco de exclusión.

Esta recollida solidaria promovida por Alimentación Eiras continúa durante todo o mes de decembro. As persoas que queiran contribuír poden aportar alimentos, preferentemente non perecedoiros, e produtos de limpeza e hixiene, depositándoos nos espazos que a tenda, emprazada en Ferreirós (Cordeiro) ten reservados para este fin.

O Concello aplaude esta iniciativa e agradece aos propietarios do establecemento e á súa clientela a solidariedade e colaboración nestes tempos marcados social e economicamente pola pandemia da Covid-19. Esta mesma tenda de alimentación xa promovera outra acción benéfica na primavera, durante o confinamento, tamén co obxectivo de axudar ás familias con menos recursos.

ALIMENTOS

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver