Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Nove alumnos de distintas localidades galegas asistiron ás sesións no Auditorio

- A finais deste mes, o CSM recibirá ao barítono internacional Carlos Álvarez

Jáuregui1

Valga, 18 de novembro de 2020.

Judith Jáuregui, considerada unha das mellores concertistas de piano do panorama nacional, impartiu a pasada fin de semana no Auditorio Municipal unha clase maxistral na que participaron nove alumnos chegados dende diferentes puntos da xeografía galega, a maioría da provincia de Pontevedra.

A artista incorporouse neste curso 2020/2021 ao claustro de profesores do Centro Superior de Música (CSM Galicia) e esta foi a súa primeira masterclass en Valga. Os inscritos participaron en sesións individuais e en encontros colectivos nos que compartiron impresións e traballaron a aprendizaxe colaborativa.

Durante a fin de semana os alumnos asistiron tamén a charlas nas que analizaron o traballo realizado e expresaron as súas inquedanzas sobre como orientar o seu futuro profesional, tratando de sacar beneficio dos coñecementos e experiencias da mestra Judith Jáuregui.

As actividades formativas organizadas polo Centro Superior terán continuidade na última fin de semana de novembro cunha das citas máis agardadas deste curso: unha masterclass a cargo do barítono Carlos Álvarez, unha figura internacionalmente recoñecida e que actúa nos mellores escenarios do mundo, entre eles o Metropolitan de Nova Iorque, o Covent Garden de Londres ou a Scala de Milán.

Jáuregui3 Jáuregui4

Jáuregui2

Volver