Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Ao encontro estaban convocadas asociacións de Valga, Pontecesures, Catoira, Caldas e Cuntis

- Abordaron, xunto a un representante de Fanpa, as medidas hixiénicas e sanitarias para a volta ás aulas

ReuniónAnpas2

Valga, 4 de setembro de 2020.

Asociacións de pais de alumnos de centros educativos da comarca Ulla-Umia reuníronse esta semana no Auditorio Municipal para analizar o inminente comezo do curso escolar e coñecer os protocolos de prevención do coronavirus que se implantarán nos colexios.

O encontro foi convocado pola Federación de Anpas da provincia (Fanpa Pontevedra) e estaban convocados representantes de asociacións de Valga, Pontecesures, Catoira, Caldas de Reis e Cuntis. De Valga asistiron membros das Anpas do IES, CEP Ferro Couselo, CEIP Baño-Xanza, CRA e Escola Infantil.

Na reunión tratáronse algúns dos asuntos que máis inquedanza xeran entre as familias nesta volta ás aulas,  en concreto os protocolos hixiénicos e sanitarios para protexer a saúde do alumnado. O representante de Fanpa explicoulles aos asistentes as directrices aprobadas polas autoridades educativas: aulas cun máximo de 25 alumnos, separación de 1’5 metros ou a obrigatoriedade da mascarilla. Tamén se abordaron temas coma a organización dos comedores escolares ou os traslados en autobús.

ReuniónAnpas3

 

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver