- Ao encontro estaban convocadas asociacións de Valga, Pontecesures, Catoira, Caldas e Cuntis
- Abordaron, xunto a un representante de Fanpa, as medidas hixiénicas e sanitarias para a volta ás aulas
Valga, 4 de setembro de 2020.
Asociacións de pais de alumnos de centros educativos da comarca Ulla-Umia reuníronse esta semana no Auditorio Municipal para analizar o inminente comezo do curso escolar e coñecer os protocolos de prevención do coronavirus que se implantarán nos colexios.
O encontro foi convocado pola Federación de Anpas da provincia (Fanpa Pontevedra) e estaban convocados representantes de asociacións de Valga, Pontecesures, Catoira, Caldas de Reis e Cuntis. De Valga asistiron membros das Anpas do IES, CEP Ferro Couselo, CEIP Baño-Xanza, CRA e Escola Infantil.
Na reunión tratáronse algúns dos asuntos que máis inquedanza xeran entre as familias nesta volta ás aulas, en concreto os protocolos hixiénicos e sanitarios para protexer a saúde do alumnado. O representante de Fanpa explicoulles aos asistentes as directrices aprobadas polas autoridades educativas: aulas cun máximo de 25 alumnos, separación de 1’5 metros ou a obrigatoriedade da mascarilla. Tamén se abordaron temas coma a organización dos comedores escolares ou os traslados en autobús.