Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Desenvolverase entre os días 28 e 29 e o prezo da matrícula é de 90 euros por alumno

- As inscricións na actividade poden realizarse a través da páxina web www.csmgalicia.com

masterclass frautaWEB

Valga, 29 de outubro de 2019.

André Cebrián, mestre de frauta do Centro de Ensinanzas Superiores de Música de Valga, impartirá no mes de novembro no Auditorio Municipal unha masterclass á que poden asistir tanto alumnos deste centro como outros externos. A actividade, organizada en colaboración co Concello de Valga, desenvolverase entre os días 28 e 29 e o prezo da matrícula é de 90 euros para os alumnos activos e 30 para os oíntes.

O obxectivo da clase maxistral é profundizar e complementar os estudos de frauta dos asistentes, mellorar os aspectos técnicos do instrumento así como aspectos estilísticos, fraseo e expresión. Constará de dúas clases individuais por alumno activo, nas que se traballará un repertorio, e dúas clases colectivas nas que se abordarán cuestión principalmente técnicas.

As inscricións poden realizarse a través do enlace https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSe4h5c-XtGzW2EZHBWBvpBpwX0za5mGymdAISYyULXj3Q8wdA/viewform .

André Cebrián é dende 2013 profesor de frauta e música de cámara no Conservatorio Superior de Música de Aragón e agora tamén no de Valga. Natural de Santiago de Compostela, actuou como solista xunto á Orquestra Sinfónica de Galicia, a Sintónica de Castela e León, a Orquestra da Academia de Música de Cracovia ou a Orquestra de Cámara Gallega. Ao longo da súa traxectoria tocou baixo a batuta de directores como David Afkham, Lionel Bringuier, Antonio Pappano, Gianandrea Noseda, Sir Colin Davis ou Franz Wesler-Möst.

Impartiu cursos e clases maxistrais en diferentes escolas, conservatorios e orquestras como os conservatorios de Pontevedra, Santa Cruz de Tenerife, Ferrol, Huesca ou Granada a Academia Nacional de Música de Estonia, a Orquestra Sinfónica de Ávila ou as orquestras das universidades de Santiago e Pamplona e a OECCh en México.

 Ademais desta actividade, o Centro de Ensinanzas Superiores ten programadas outras dúas masterclass para o mes de decembro: o día 9 de piano jazz a cargo de Abe Rábade, e os días 26 e 27 de saxofón cos mestres Adrián Pais e Xabier Casal. Pode obterse máis información sobre elas a través da web www.csmgalicia.com

masterclass frauta

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver