Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- O contrato terá unha duración máxima de dous anos e o orzamento ascende a 612.018 euros

- As empresas, que deben estar no listado de comercializadoras da Comisión Nacional da Enerxía, poden presentar ofertas ata o 7 de outubro

 

Valga, 6 de setembro de 2019.

O Concello sacou esta semana a contratación a subministración de enrexía eléctrica aos edificios e instalacións de titularidade municipal durante os próximos dous anos, por un importe total de 612.018’92 euros (306.009’46 euros por ano).

O contrato divídidese en dous lotes, podendo as empresas licitadoras presentar ofertas para un só ou para ambos. O primeiro lote inclúe os subministros de enerxía eléctrica con potencia contratada igual ou inferior a 10kW, con tarifas de aceso 2.0A e 2.0DHA, que terán a posibilidade de contratación cunha comercializadora de referencia de entre as designadas polo goberno para comercializar electricidade en todo o territorio nacional ao prezo voluntario de pequeño consumidor (PVPC) ou ben a mercado libre.

O lote número dous inclúe os subministros con potencia contratada superior a 10kW, con tarifas de acceso 2.1A, 2.1DHA, 3.0A e subministros en alta tensión, sometidos á lexislación de contratos do sector público.

O contrato terá unha duración máxima de dous anos (un ano máis unha única prórroga doutro) e executarase a risco e ventura do contratista, sen que proceda unha posterior revisión de prezos nin se admitan variantes ou alternativas.

O orzamento base de licitación calculouse tendo en conta os gastos producidos na duración do último contrato de subministración de enerxía eléctrica aos edificios e instalacións municipais, incluíndo conceptos como as peaxes, o imposto eléctrico e o IVE. Ademais, incorpórase ao presuposto unha cantidade estimada para a incorporación de novos puntos de subministración.

As empresas poden presentar as súas ofertas ata as 14 horas do día 7 de outubro. Como condición específica, os licitadores deberán estar no listado de comercializadoras no mercado libre publicado pola Comisión Nacional da Enerxía.

Volver