Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Establécense dúas dedicacións exclusivas e os Plenos celebraranse os últimos luns dos meses pares

- Os novos edís do grupo de goberno, Malena Isorna e Pedro Calvo, asumen as delegacións de Turismo, Novas Tecnoloxías e Escola de Música e Cultura e Xuventude, respectivamente

PLENOXULLO19

Valga, 2 de xullo de 2019.

A nova Corporación municipal saída das eleccións do pasado mes de maio celebrou onte un Pleno extraordinario para establecer a organización pola que se rexerá o Concello durante a lexislatura 2019-2023.

Os puntos incluídos na orde do día foron os seguintes:

  • Constitución dos grupos políticos e designación dos seus voceiros (aprobado por unanimidade)

   -Grupo municipal do Partido Popular (Voceiro: Román Castro)

   -Grupo municipal do PSdeG-PSOE (Voceira: María Ferreirós)

   -Grupo mixto (Voceiro: Manuel Castiñeiras)

  • Periodicidade das sesións plenarias (aprobado cos votos a favor do grupo do PP e as abstencións de PSOE e grupo mixto)

   -As sesións ordinarias celebraranse o último luns dos meses pares ás 20:10 horas. Non se celebrarán sesións nos meses de agosto e decembro, trasladándose estas a setembro e novembro.

  • Dar conta do nomeamento dos tenentes de alcalde, aos que lles corresponde substituír ao alcalde na totalidade das súas funcións e pola orde do seu nomeamento no caso de ausencia ou impedimento que imposibilite a este para o exercicio das súas atribucións.

   -Román Castro

   -Carmen Gómez

   -José Ángel Souto

   -Begoña Piñeiro

   -Román Castro

   -Carmen Gómez

   -José Ángel Souto

   -Begoña Piñeiro

   -Román Castro: Obras, Servizos, Urbanismo, Medio Ambiente e Desenvolvemento Rural

   -Carmen Gómez: Educación, Formación, Emprego e Industria

   -José Ángel Souto: Economía, Facenda, Contas e Patrimonio

   -Begoña Piñeiro: Sanidade, Benestar Social e Igualdade

   -Malena Isorna: Turismo, Novas Tecnoloxías e Escola de Música

   -Pedro Calvo: Cultura e Xuventude

   -Manuel Ferreiro: Deportes

   -José Lagos: Protección, Civil, Seguridade e Interior

  • Creación das Comisións Informativas (aprobado cos votos a favor do grupo do PP, en contra do PSOE e abstención do grupo mixto)

   -Comisión Informativa de Réxime Especial de Contas, Economía, Facenda e Patrimonio

   -Comisión Informativa de Obras, Servizos, Urbanismo e Desenvolvemento Rural

   -Comisión Informativa de Sanidade, Igualdade e Benestar

   -Comisión Informativa de Educación, Formación, Emprego e Industria

   -Comisión Informativa de Medio Ambiente, Protección Civil, Seguridade e Interior

   -Comisión Informativa de Cultura, Deportes, Xuventude e Turismo

As comisións estarán compostas por tres concelleiros do grupo municipal do PP, un do grupo do PSdeG-PSOE e un do grupo mixto.  As sesións celebraranse os luns, martes, mércores e xoves ás 13:10 horas.

  • Réxime xurídico das Comisións de Coordinación (aprobado cos votos a favor do grupo do PP e en contra do PSOE e do grupo mixto)

   -Estarán integradas polo alcalde e os concelleiros delegados e celebrarán sesións ordinarias con carácter semanal.

  • Nomear aos representantes do Concello nos órganos colexiados (aprobado cos votos a favor do grupo do PP e en contra do PSOE e do grupo mixto)

   -Representante no CEIP Plurilingüe Baño-Xanza, no CRA e no IES: Carmen Gómez (suplente Begoña Piñeiro)

   -Representante no CEP Plurilingüe Xesús Ferro Couselo: José Ángel Souto (suplente Malena Isorna)

   -As concelleira delegadas de Educación, Formación, Emprego e Industria e de Sanidade, Benestar Social e Igualdade, cunha retribución de 1.100 euros mensuais

   -Designación dun posto de Responsable de Novas Tecnoloxías e Comunicacións

  • Determinación das “asistencias” dos membros da Corporación a órganos colexiados (aprobado cos votos a favor do grupo do PP,e contra do PSOE e abstención do grupo mixto)

   -Pleno, Xunta de Goberno Local e Comisións de Coordinación: 75 euros/sesión cada membro

   -Comisións Informativas: 40 euros/sesión cada membro

   -O presidente dos respectivos órganos colexiados percibirán a maiores 30 euros por sesión

Volver