- Establécense dúas dedicacións exclusivas e os Plenos celebraranse os últimos luns dos meses pares
- Os novos edís do grupo de goberno, Malena Isorna e Pedro Calvo, asumen as delegacións de Turismo, Novas Tecnoloxías e Escola de Música e Cultura e Xuventude, respectivamente
Valga, 2 de xullo de 2019.
A nova Corporación municipal saída das eleccións do pasado mes de maio celebrou onte un Pleno extraordinario para establecer a organización pola que se rexerá o Concello durante a lexislatura 2019-2023.
Os puntos incluídos na orde do día foron os seguintes:
- Constitución dos grupos políticos e designación dos seus voceiros (aprobado por unanimidade)
-Grupo municipal do Partido Popular (Voceiro: Román Castro)
-Grupo municipal do PSdeG-PSOE (Voceira: María Ferreirós)
-Grupo mixto (Voceiro: Manuel Castiñeiras)
- Periodicidade das sesións plenarias (aprobado cos votos a favor do grupo do PP e as abstencións de PSOE e grupo mixto)
-As sesións ordinarias celebraranse o último luns dos meses pares ás 20:10 horas. Non se celebrarán sesións nos meses de agosto e decembro, trasladándose estas a setembro e novembro.
- Dar conta do nomeamento dos tenentes de alcalde, aos que lles corresponde substituír ao alcalde na totalidade das súas funcións e pola orde do seu nomeamento no caso de ausencia ou impedimento que imposibilite a este para o exercicio das súas atribucións.
-Román Castro
-Carmen Gómez
-José Ángel Souto
-Begoña Piñeiro
- Dar conta do nomeamento dos membros da Xunta de Goberno Local, que celebrará sesión ordinaria con periodicidade semanal
-Román Castro
-Carmen Gómez
-José Ángel Souto
-Begoña Piñeiro
-Román Castro: Obras, Servizos, Urbanismo, Medio Ambiente e Desenvolvemento Rural
-Carmen Gómez: Educación, Formación, Emprego e Industria
-José Ángel Souto: Economía, Facenda, Contas e Patrimonio
-Begoña Piñeiro: Sanidade, Benestar Social e Igualdade
-Malena Isorna: Turismo, Novas Tecnoloxías e Escola de Música
-Pedro Calvo: Cultura e Xuventude
-Manuel Ferreiro: Deportes
-José Lagos: Protección, Civil, Seguridade e Interior
- Creación das Comisións Informativas (aprobado cos votos a favor do grupo do PP, en contra do PSOE e abstención do grupo mixto)
-Comisión Informativa de Réxime Especial de Contas, Economía, Facenda e Patrimonio
-Comisión Informativa de Obras, Servizos, Urbanismo e Desenvolvemento Rural
-Comisión Informativa de Sanidade, Igualdade e Benestar
-Comisión Informativa de Educación, Formación, Emprego e Industria
-Comisión Informativa de Medio Ambiente, Protección Civil, Seguridade e Interior
-Comisión Informativa de Cultura, Deportes, Xuventude e Turismo
As comisións estarán compostas por tres concelleiros do grupo municipal do PP, un do grupo do PSdeG-PSOE e un do grupo mixto. As sesións celebraranse os luns, martes, mércores e xoves ás 13:10 horas.
- Réxime xurídico das Comisións de Coordinación (aprobado cos votos a favor do grupo do PP e en contra do PSOE e do grupo mixto)
-Estarán integradas polo alcalde e os concelleiros delegados e celebrarán sesións ordinarias con carácter semanal.
- Nomear aos representantes do Concello nos órganos colexiados (aprobado cos votos a favor do grupo do PP e en contra do PSOE e do grupo mixto)
-Representante no CEIP Plurilingüe Baño-Xanza, no CRA e no IES: Carmen Gómez (suplente Begoña Piñeiro)
-Representante no CEP Plurilingüe Xesús Ferro Couselo: José Ángel Souto (suplente Malena Isorna)
- Determinación dos cargos con dedicación exclusiva(aprobado cos votos a favor do grupo do PP e en contra do PSOE e do grupo mixto)
-As concelleira delegadas de Educación, Formación, Emprego e Industria e de Sanidade, Benestar Social e Igualdade, cunha retribución de 1.100 euros mensuais
-Designación dun posto de Responsable de Novas Tecnoloxías e Comunicacións
- Determinación das “asistencias” dos membros da Corporación a órganos colexiados (aprobado cos votos a favor do grupo do PP,e contra do PSOE e abstención do grupo mixto)
-Pleno, Xunta de Goberno Local e Comisións de Coordinación: 75 euros/sesión cada membro
-Comisións Informativas: 40 euros/sesión cada membro
-O presidente dos respectivos órganos colexiados percibirán a maiores 30 euros por sesión