- A axuda foi concedida pola Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza
- “Grazas á colaboración da Xunta seguimos adiante coas obras, por moito que lle pese á Deputación de Pontevedra”, di o alcalde
Valga, 18 de maio de 2019.
A Xunta de Galicia segue concecendo axudas ao Concello de Valga para dar continuidade ás obras do edificio de usos administrativos.
Neste caso é a Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza a que acaba de aprobar unha subvención por importe de 28.000 euros para a instalación dun ascensor, unha axuda que se enmarca nunha orde para a creación ou mellora de infraestruturas, dotacións, instalacións e equipamentos vinculados á prestación de servizos municipais.
“É curioso como, de novo, un proxecto elaborado polos traballadores e técnicos municipais si é tido en conta pola Xunta de Galicia e recibe subvención, mentras que para a Deputación de Pontevedra estes mesmos empregados nunca están á altura nin capacitados para facer proxectos”, destaca o alcalde, José María Bello Maneiro.
“Temos que agraceder á Xunta as moitas axudas que recibe este Concello para sacar adiante proxectos beneficiosos para Valga e o benestar dos seus veciños e, neste caso en concreto, para o edificio de usos administrativos. Gracias á colaboración da Xunta seguimos adiante coas obras e cos feitos, por moito que lles pese á Deputación de Pontevedra e á oposición”, engade o rexedor.
O edificio administrativo que se está a rehabilitar na praza Manuel Vicente Cousiño albergará distintos servizos e dependencias municipais como unha biblioteca, a Policía Local, o Xulgado de Paz e Radio Valga, entre outros.