- A axuda foi concedida pola Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

- “Grazas á colaboración da Xunta seguimos adiante coas obras, por moito que lle pese á Deputación de Pontevedra”, di o alcalde

EdificioAdmin

Valga, 18 de maio de 2019.

A Xunta de Galicia segue concecendo axudas ao Concello de Valga para dar continuidade ás obras do edificio de usos administrativos.

Neste caso é a Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza a que acaba de aprobar unha subvención por importe de 28.000 euros para a instalación dun ascensor, unha axuda que se enmarca nunha orde para a creación ou mellora de infraestruturas, dotacións, instalacións e equipamentos vinculados á prestación de servizos municipais.

“É curioso como, de novo, un proxecto elaborado polos traballadores e técnicos municipais si é tido en conta pola Xunta de Galicia e recibe subvención, mentras que para a Deputación de Pontevedra estes mesmos empregados nunha están á altura nin capacitados para facer proxectos”, destaca o alcalde, José María Bello Maneiro.

“Temos que agraceder á Xunta as moitas axudas que recibe este Concello para sacar adiante proxectos beneficiosos para Valga e o benestar dos seus veciños e, neste caso en concreto, para o edificio de usos administrativos. Gracias á colaboración da Xunta seguimos adiante coas obras e cos feitos, por moito que lles pese á Deputación de Pontevedra e á oposición”, engade o rexedor.

O edificio administrativo que se está a rehabilitar na praza Manuel Vicente Cousiño albergará distintos servizos e dependencias municipais como unha biblioteca, a Policía Local, o Xulgado de Paz e Radio Valga, entre outros.

boton auditorio

boton casa cultura

boton codi

boton sede electronica

boton bandos

boton youtube largo

boton bella otero

boton rueiro

boton directorio

boton radio

boton tempo

Volver