ESCOLA MUNICIPAL DE TENIS
Grupos de iniciación e perfeccionamento (con horarios a fixar coas persoas inscritas entre luns, xoves e sábados)
Infantil:
- Grupo pre-tenis: a partir de 5 anos
- Resto de grupos: a partir de 7 anos
Só pago dunha matrícula, sen mensualidades. Impartirase unha clase por semana cunha duración de 55 minutos.
Adultos:
- Solicitar información sobre as clases
Esta temporada, debido á situación sanitaria, os grupos serán, como máximo, de 5 alumnos para así manter a distancia de seguridade.
A Escola seguirá estrictamente os protocolos anti-Covid marcados polas federacións galega e nacional, co uso obrigatorio da mascarilla ata a entrada na pista e tralo remate da actividade, emprego de xel hidroalcohólico e tubos recollebolas para non ter contacto coas pelotas, entre outras medidas preventivas.
Máis información no teléfono: 691 203 243