Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Os máis pequenos poderán escribir as súas cartas aos Reis Magos nun obradoiro o día 4 de xaneiro

- A asociación A Barcarola protagoniza a exposición de pintura “Xuntos” a partir do mércores

auditorio2

Valga, 28 de decembro de 2018.

O Auditorio Municipal ten xa pechada a programación para o mes de xaneiro, que inclúe actividades formativas da Escola Municipal de Música, obradoiros para a mocidade, dous festivais e a estrea dunha obra de teatro, entre outras propostas.

O ano 2019 comeza cun curso de frauta traveseira organizado pola Escola Municipal de Música, o Concello de Valga e a asociación Musival e que se desenvolverá entre os días 2 e 4. Será impartido por Iago Lariño Rodal (Cangas do Morrazo, 1984), integrante da Orquesta Joven Sinfónica de Galicia, da Joven Orquesta Nacional de España e da World Youth Orchestra, entre outras agrupacións, e mestre de frauta e banda no Conservatorio Profesional de Música Manuel Quiroga de Pontevedra.

O xoves 3 terá lugar un obradoiro de cócteles sen alcohol promovido polo Plan de Prevención das drogodependencias e outras condutas adictivas e no que poden participar mozos de entre 12 e 16 anos de idade. A actividade, que se desenvolverá entre as 12 e as 13:30 horas, ten como obxectivo fomentar as alternativas ao consumo desta droga e advertir sobre os riscos do abuso do alcohol. Incluirá unha clase práctica de elaboración de distintos cócteles sen alcohol complementada con explicacións sobre as consecuencias do abuso das bebidas alcohólicas e sobre as estratexias para evitar ou reducir o seu consumo. Para participar é necesario inscribirse con anterioridade no Concello ou no Auditorio.

O vindeiro venres, día 4, a biblioteca municipal de Cordeiro pechará as súas actividades de Nadal cun obradoiro de cartas aos Reis Magos dirixido a nenos a partir de 5 anos, aínda que os de menos idade tamén poden participar acompañados dun adulto que os axude. O taller é gratuíto e dará comezo ás 17 horas.

Durante a segunda semana de xaneiro, o Auditorio albergará dous festivais. O mércores 9, a partir das 17 horas, celebrarase o festival solidario da Escola Infantil Municipal e o domingo día 13, o Festival de Inverno da asociación xuvenil “A Eira”, con bailes e interpretacións musicais en directo.  En ambos casos a entrada é de balde.

Na fin de semana do 11 ao 13 de xaneiro a Escola Municipal de Música imparte o segundo encontro do Curso de Dirección Musical que comezou o pasado mes de outubro. Diríxese a titulados profesionais e superiores en Música que aspiren a desenvolver a súa aprendizaxe no campo da dirección musical, e a profesores de escolas de música ou conservatorios que queiran potenciar as súas carreiras e mellorar as súas capacidades como directores. Os inscritos traballarán coa "Sinfonía nº1 en Do Maior" de Ludwig van Beethoven e o equipo pedagóxico estará integrado por Pere Molina González, director titular da Orquestra de Cámara de Valencia, Manuel Villar Touceda, director da Escola e da Banda de Música Municipais de Valga, e Mar Durán Rodríguez, profesora de Psicoloxía no Universidade de Santiago.

Para pechar o mes, o sábado 19 a partir das 20 horas o Auditorio acollerá a estrea da obra de teatro “Deus nos colla confesados”, con entradas a 5 euros. E o día 26 terá lugar un novo concerto do ciclo “Música coas nosas bandas”, coa Xove Banda de Valga, dirixida por Pedro Torres Diz, e os coros da Escola Municipal de Música. Neste caso a entrada é gratuíta.

A exposición que poderá verse durante todo xaneiro no Auditorio Municipal será “Xuntos”, protagonizada pola asociación “A Barcarola” de Pontecesures e con pinturas de Elena Vidal, Áurea Garabán, Ana F. Potel, Marisé Canda, Lara Barreiro, José Ramón Rey, Rosa Vidal, Margarita Santiago, Esther Potel e Isabel Castro.

Auditorio xaneiro2019

ExpoBarcarola

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver