Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- A actividade quere fomentar alternativas ao consumo desta droga

- Incluirá unha clase práctica de elaboración de bebidas e unha explicación sobre as consecuencias do abuso do alcohol

coctelessenalcohol1

Valga, 26 de decembro de 2018.

O Plan de Prevención das drogodependencias e outras condutas adictivas organiza un obradoiro de cócteles sen alcohol que terá lugar o día 3 de xaneiro de 2019 no Auditorio e no que poden participar mozos de entre 12 e 16 anos de idade.

A actividade, que se desenvolverá entre as 12 e as 13:30 horas, ten como obxectivo fomentar as alternativas ao consumo desta droga e advertir sobre os riscos do abuso do alcohol. Hai que ter en conta que este grupo de idade é o máis vulnerable no que a esta problemática se refire xa que a media de idade de inicio no consumo de bebidas alcohólicas sitúase en torno aos 13 anos.

O obradoiro incluirá unha clase práctica de elaboración de distintos cócteles sen alcohol complementada con explicacións sobre as consecuencias do abuso das bebidas alcohólicas e sobre as estratexias para evitar ou reducir o seu consumo, máxime tendo en conta a vinculación social existente entre celebracións como as actuais de Nadal e o consumo desta droga.

Para participar é necesario inscribirse con anterioridade. A folla de inscrición pode descargarse premendo AQUÍ.

cócteles Valga

Volver