Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Os nenos empregaron un calcetín recheo de arroz para crear un boneco de neve decorativo

- O día 28 terá lugar un novo taller, neste caso de postais de Reis

obranadal4

Valga, 21 de decembro de 2018.

A biblioteca municipal de Cordeiro celebrou esta tarde o primeiro dos obradoiros organizados para estas semanas de festas, no que os nenos puideron realizar unha figura decorativa de Nadal.

Empregando un calcetín, arroz como recheo e outros materiais e complementos, os asistentes compuxeron  un boneco de neve co que decorar o seus fogares durante estas datas festivas.

Os talleres organizados polas bibliotecas municipais para as vacacións de Nadal continúan a próxima semana. O día 28 a partir das 17 horas terá lugar, tamén en Cordeiro, un obradoiro de postais de Reis. A programación rematará o día 4 de xaneiro, cando os nenos poderán escribir as súas cartas para os Reis Magos.

Estas actividades son gratuítas e están dirixidas a nenos a partir de 5 anos de idade, se ben os máis pequenos tamén poden participar acompañados dun adulto que os axude.

obranadal1 obranadal2

obranadal3 obranadal5

obranadal6 obranadal7

 

Volver